Neste blog faremos públicas as actividades que se realizan a través do EDLG e do equipo de Biblioteca
mércores, 15 de maio de 2019
LETRAS GALEGAS 2019 ANTÓN FRAGUAS
AS LETRAS GALEGAS 2019 ESTÁN ADICADAS A ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS.
OS NENOS E NENAS DE 5º DA EEI DA PASTORA, EN REPRESENTACIÓN DO COLE, FIXERON UNHA PEQUENA ACTUACIÓN XUNTO AOS OUTROS CENTROS DO CONCELLO.
luns, 15 de maio de 2017
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2017
venres, 12 de maio de 2017
LETRAS GALEGAS 2017
TRABALLAMOS TODOS ARREO PARA QUE QUEDASE BEN BONITO
LOGO IRÁ PARA O "PASEO DA CALZADA" COS PANEIS DOS DEMÁIS COLEXIOS QUE PARTICIPAN NA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS
martes, 3 de xuño de 2014
CONCURSO DE LEMAS EN GALEGO
Estes son os gañadores do concurso de lemas en galego deste ano:
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega agasallou ós gañadores cun libro:
xoves, 22 de maio de 2014
AS NOSAS LETRIÑAS: XOSÉ NEIRA VILAS
O Equipo de Dinamización da Língua Galega, organiza, como cada ano, “As nosas letriñas”, proxecto adicado a un escritor ou escritora, ilustrador ou ilustradora, que escriban en galego para nenos e poidan visita-lo centro.
Ata o de agora xa pasaron polo noso centro Mon Daporta, Moncho Caride, Eduardo Baamonde, Chema Heras, Fina Casalderrey e Abraham Carreiro.
Desta volta, no ano 2014, “As nosas letriñas” están adicadas a Xosé Neira Vilas, autor do considerado o primeiro clásico da literatura infantil e xuvenil galega “Memorias dun neno labrego”, e que estará connosco o xoves 22 de maio a partires das 12:00h.
Xosé Neira Vilas naceu en Gres, Vila de Cruces, en 1928. En 1949 emigrou a Buenos Aires onde tomou conciencia da identidade de Galiza en contacto cos intelectuais do exilio. En 1957 casou con Anisia Miranda, coa que fundou a editoral Follas Novas para difundir o libro galego en América. En 1961 foron vivir a Cuba. Traballou na Administración e fixo xornalismo literario. En 1969 fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Na Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega en América. Volta a Galiza, na súa aldea natal de Gres preside a Fundación cultural Xosé Neira Vilas. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.
venres, 16 de maio de 2014
LETRAS GALEGAS
Os alumnos e alumnas de 5º nivel do Centro participaron no Festival das Letras Galegas que se celebrou logo da ofrenda florar a Ramón Cabanillas no Paseo da Alameda de Cambados.
Houbo moitos colexios participando no encontro. Do noso centro foron: Enma, Ainhoa e Mariña, de 5ºA; e Pablo G., Ariana e Irene de 5ºB.
Fixérono moi ben recitando unha poesía de Antonio García Teijeiro que se titula: “No país das bolboretas”, do libro Bolboretas no papel.
O PAÍS DAS BOLBORETAS, de Antonio García Teijeiro
NO PAÍS DAS BOLBORETAS
FAI CADA UN O QUE LLE PETA
AS ABELLAS FAN CALCETA,
OS CANS TOCAN A TROMPETA
E OS COELLOS A CORNETA
AS CARREIRAS SON SEN META,
MESMO AS CURVAS SON BEN RECTAS
E OS POEMAS PERDEN LETRAS.
AS CENTOLAS SON PERFECTAS,
OS PARDAIS VAN EN CARRETAS
E O SOL ANDA EN BICICLETA.
NO PAÍS DAS BOLBORETAS
FAI CADA UN O QUE LLE PETA.
ROUBAN VERSOS OS POETAS
VAN OS SAPOS CON MALETAS
E OS ROBOTS SON CALDEIRETAS.
ALGÚNS MERCAN CON PESETAS,
VENSE GATOS CON COLETA
E AS BANDEIRAS SON BAETAS.
OS PINGÜÍNS VAN DE ETIQUETA,
NON HAI CARTAS NA ESTAFETA
E UN PINTOR NON TEN PALETA.
AI, QUE DEMO DE PAÍS!
O PAÍS DAS BOLBORETAS!
TODOS FAN O QUE LLES PETA!


