Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDAS. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de xaneiro de 2018

AVISO: SAÍDA Ó TEATRO

Estimadas familias:

Hoxe enviamos unha autorización para as familias para poder asistir o Mércores 7 de febreiro de 2018 ó Auditorio da Seda Afundación en Pontevedra para ver o espectáculo "A nena e o grilo nun barquiño".

Rogamos que reenviedes a autorización asinada o vindeiro Venres, 26 de xaneiro de 2018.

martes, 24 de outubro de 2017

SAÍDA A BIBLIOTECA MUNICIPAL E Ó PAZO TORRADO

Con motivo da celebración do  Día das bibliotecas (24 de outubro) o vindeiro venres dia 27 de outubro os nenos de 5º de EI visitaremos a Biblioteca Municipal de Cambados. 


Logo visitaremos a sala de exposicións do Pazo Torrado para ver a exposición de Fausto Isorna e Pepe Cáccamo.

- Traer de merenda BOCADILLO E BOTELLA DE AUGA.

- Traer ROUPA E CALZADO CÓMODO.

AVISO: SAÍDA Ó PAZO TORRADO


Mañá mércores, 25 de outubro, os nenos de 6º visitaremos a sala de exposicións do Pazo Torrado para ver a exposición de Fausto Isorna e Pepe Cáccamo.


Asemade, tamén visitaremos en Exposalnés a exposición de selos de correos.


Pedímosvos que:
-Traiades de merenda BOCADILLO E BOTELLA DE AUGA (nunha bolsa de merenda de tea).
-Traiades ROUPA E CALZADO CÓMODO.

Un saúdo,

xoves, 5 de outubro de 2017

SAÍDA Ó MONTE DA PASTORA

Hoxe os nenos de 5º de EI saíron ó Monte da Pastora,aproveitando o bo tempo,para poder observar os cambios producidos pola estación do outono no noso entorno mais próximo.

Como sempre pasarono moi ben e seguro que antes de que remate o curso volven a ir.













martes, 3 de outubro de 2017

AVISO: SAÍDA Ó MONTE DA PASTORA


O vindeiro mércores 4 de outubro de 2017, para celebrar a chegada da nova estación de outono, os nenos de 5º, faremos a nosa primeira saída do curso.

Iremos a un dos nosos lugares favoritos e máis próximos ó noso cole: o Monte da Pastora, para ver os cambios que vai sufrindo a natureza co cambio de estación.




Para iso, pedimosvos
- Traer de merenda BOCADILLO E BOTELLA DE AUGA.
- Traer ROUPA E CALZADO CÓMODO.

Que ben o imos pasar...


venres, 22 de setembro de 2017

CELEBRAMOS A CHEGADA DO OUTONO NO MONTE DA PASTORA

Hoxe os nenos de 6º de EI saíron ó noso contorno mais próximo, ó Monte da Pastora para celebrar a chegada desta nova estación e así observar os cambios que se producen na natureza ca entrada no outono.


Pasárono moi ben, de seguro que enseguida voltaremos.

xoves, 21 de setembro de 2017

AVISO: SAÍDA Ó MONTE DA PASTORA

Mañá, venres, 22 de setembro de 2017, os nenos de 6º para celebrar a chegada da nova estación de outono, faremos a nosa primeira saída do curso.

Iremos a un dos nosos lugares favoritos e máis próximos ó noso cole: o Monte da Pastora, para ver os cambios que vai sufrindo a natureza co cambio de estación.


Para iso é preciso:
- Traer de merenda  BOCADILLO E BOTELLA DE AUGA.
- Traer ROUPA E CALZADO CÓMODO.

Que ben o imos pasar...

venres, 14 de outubro de 2016

VISITAMOS A SALA DE EXPOSICIÓNS DE TORRADO

Está mañá os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil visitaron a exposición do artista Juan Fernando De Laiglesia no Pazo de Torrado.