xoves, 3 de maio de 2018

Inauguración da Biblioteca



Despois de moito tempo e de moito traballo invertido.... por fin inauguramos a nova biblioteca !!!
Os nosos cativos estaban moi inquedos por coñecer os cambios que fixeramos na biblio.
Para conmemorar este acontecemento programamos varias actividades:
  •  Visionado do STOPMOTION feito polos mestres e nenos do cole " SOPA DE NADA"
  •   Contamos coa visita de :
 - Victor Caamaño (Concelleiro de Cultura)-  Cándido Pazó (  Director de teatro e escritor)
-  Belen Pichel ( presidenta da Asociación de Compañías de teatros de Galicia)
-  Manolo Sineiro ( xefe de obras do Concello de Cambados)

Tras unhas palabras da  directora do cole e  a presentación dos nosos invitados. Victor Caamaño adicounos unhas palabras e Candido Pazó tiña preparado unha sorpresa ... contounos dúas das súas historias. Que ben o pasamos ese día!!
Aquí vos deixamos algunhas fotos deste día.