venres, 23 de febreiro de 2018

ROSALÍA DE CASTRO

Mañá sabado 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro.

Nós esta semana estamos a aprender un dos seus poemas máis coñecidos:

ADEUS RIOS
ADEUS FONTES
ADEUS REGATOS PEQUENOS
ADEUS VISTA DOS MEUS OLLOS
NON SEI CANDO NOS VEREMOS


Irémosvos ensinando todo o que traballamos.




XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:
Dende a EEI A Pastora comprácenos convidalas a unha xornada de portas abertas no noso centro.
Poderán así coñecer as nosas instalacións e os programas e proxectos educativos que estamos a levar a cabo.
Agardámolos o martes 27 de febreiro en horario de 16:00 a 17:00.

Lembrade que o prazo de presentación de solicitudes de admisión de matrícula para os novos alumnos/as abrangue dende o día 1 ao 20 de marzo do 2018.