mércores, 21 de febreiro de 2018

COMPOSTEIRO

Dende o curso pasado contamos cun composteiro no colexio pero foi realmente neste curso cando comezamos a traballar con el despois da charla sobre medio ambiente que nos deu un membro do concello de Cambados.

Tres día a semana no noso calendario de merendas saudables temos froitas, por iso, cada curso decidiu que día de estes tres lle conviña mellor para facer a súa compostaxe. 

Os luns son os nenos de 6º os encargados do composteiro, os mércores os de 5º e os venres os de 4º. 

O que facemos e recolectar durante a merenda nun pequenos colector os restos que podemos levar o composteiro e o rematar saímos o xardín e depositamos estes restos no composteiro.

É unha actividade que lles gusta moito os nenos e moi importante para o noso medio.

Esta actividade levarémola a cabo o longo de todo o curso e logo aproveitaremos ese compost para poder cultivar algo no noso xardín.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes das visitas ó composteiro.














Ningún comentario:

Publicar un comentario