O EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) é un órgano consultivo e dinamizador dos centros de ensino para os
eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa,
docente e didáctica dos centros e está integrado por mestres/as e
profesores/as dos distintos niveis, por alumnos/as (cando a idade o
permite) e por representantes do persoal non docente.
A súa función primordial é conseguir que os alumnos/as poidan chegar a
ser competentes na lingua galega e usala digna e normalmente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario