Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

E CHEGOU O DÍA!!!
PASAMOS MOITOS NERVIOS PERO O RESULTADO FOI ESPECTACULAR!
PARABÉNS A TODOS OS NENOS E NENAS POLO SEU ESFORZO E GRAZAS ÁS FAMILIAS POR ACOMPAÑARNOS.























xoves, 15 de febreiro de 2018

AVISO FAMILIAS

ESTIMADAS FAMILIAS:

LEMBRÁMOSLLES QUE MAÑÁ, VENRES DÍA 16 DE FEBREIRO TEREMOS A FESTA DO REMATE DE ENTROIDO.
Os nenos e nenas virán con disfraz libre . 
As familias colaborarán con algún doce típico de entroido, que se tomará como merenda (filloas, orellas, rosquillas, frores, chulas...). Os excedentes levaránse ao asilo de Cambados.
Facémoslle saber tamén que este curso os nenos e nenas quedarán co disfraz co que fixeron a actuación!

venres, 9 de febreiro de 2018

O ENTROIDO GALEGO


NO NOSO COLE TIVEMOS A EXPOSICIÓN CON IMAXES CARACTERÍSTICAS DOS SITIOS DE ENTROIDO GALEGOS.
ASÍ COÑECIMOS : MANZANEDA, XINZO, LAZA, COBRES,VIANA DO BOLO, ULLA, VERÍN...






Traballamos con imaxes, unimos , contamos sílabas, fixemos unha sopa de letras... e descubrimos o TRIÁNGULO MÁXICO DE GALICIA




Ademais descubrimos os vídeos dos poemas traballados a partir dos códigos QR. Mirade os vídeos:









mércores, 7 de febreiro de 2018

AVISO ENTROIDO

ORGANIZACIÓN DO ENTROIDO NA EEI A PASTORA

VENRES DÍA 9 de febreriro, termeos o Festival. OS NENOS VIRÁN EN HORARIO HABITUAL DE 9:15 A 14:15.
Estades todos convidados (aconsellado para gozar da festa vir disfrazados).
AS FAMILIAS VIRÁN AS 12:30h. A entrada será pola cancela do patio que linda ca gardería.
Aqueles nenos e nenas que van ao comedor serán recollidos polas responsables da gardería como é costume, recordade o horario de volta é o de todos os días.
No caso de ser recollidos polas familias AO REMATAR AS CLASES comunicaranllo ás mestras ou titoras e asinarán na saída.

VENRES DÍA 16 DE FEBRERIO TEREMOS A FESTA DO REMATE DO ENTROIDO. Os nenos virán con disfraz libre. As familias colaborarán con algún doce típico de entroido que se tomará durante a merenda ( filloas, orellas, rosquillas, frores, chulas...). Os excedentes levaránse o asilo de Cambados.

NON HABERÁ CLASE ATA O XOVES DÍA 15 de febrerio como establece o calendario escolar para este curso.


ANIMÁDEVOS A VIR DISFRAZADOS!!


venres, 2 de febreiro de 2018

O MANDADIÑO

O MANDADIÑO




O LUNS CINCO QUE NON CHE DEA PEREZA,
TRAER ADORNOS NA CABEZA
(Luns 5 de febreiro)

          

O MARTES SEIS O PESCOZO
ADORNARÁS CON GUSTO E GOZO
(Martes 6 de febreiro)






O XOVES QUE VEN
PON NO CORPO FARRAPOS PARA PASALO BEN
(Xoves 8 de febreiro)




*O MÉRCORES 7 NON VIREMOS CON NADA XA QUE TEREMOS UNHA SAÍDA TODO O CENTRO Ó TEATRO A PONTEVEDRA.


PICTOGRAMAS EXTRAÍDOS ARASAAC

mércores, 24 de xaneiro de 2018

O ENTROIDO GALEGO

Estimadas familias:
Xa chega o Entroido e como non, os nosos nenos empezan a prepararse para esta época máxica. 
Ó longo destas semanas imos a traballar os diferentes Entroidos de Galicia. Aquí atoparedes un pequeno libro que fixemos no cole, onde recollemos diferentes aspectos dos Entroidos máis coñecidos da nosa Comunidade.
No noso libro atoparedes información sobre: os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, as pantallas de Xinzo, os boteiros de Viana do Bolo, as mázcaras de Manzaneda, os xenerais do Ulla e as madamas e galáns de Cobres.



LIM: O ENTROIDO EN OURENSE

Estimadas familias:
Aquí vos deixamos unhas actividades Lim para os nenos e nenas de Educación Infantil sobre o Entroido na provincia de Ourense.


UNIDADE SOBRE O ENTROIDO

Estimadas familias:
Aquí atoparedes unha serie de actividades para imprimir sobre o ENTROIDO GALEGO.

venres, 3 de marzo de 2017

FESTA DO ENTROIDO

GRAZAS ÁS FAMILIAS POLOS DOCES TAN RICOS QUE NOS TROUXERON HOXE AO COLE. DESFRUTAMOS MOITO XOGANDO DISFRAZADOS E COMENDO OS DOCES.