Amosando publicacións coa etiqueta MATERIAL ELABORADO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MATERIAL ELABORADO. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de marzo de 2018

LIM CAMBADOS: Unha vila mariñeira

Este ano como novidade, decidimos realizar varias actividades a nivel intercentros. O obxectivo que nos marcamos foi,o de que os nosos cativos coñezan outros entornos diferentes os seus e coñezan novos alumnos dunha vila do interior de forma máis lúdica e innovadora.
Para este curso escolar seleccionamos un colexio da provincia de Ourense. Falamos do C.E.I.P Princesa de España de Verín.
Aquí podedes ver un Lim que fixemos sobre Cambados, para que os alumnos dese centro coñezan a nosa vila de forma lúdica.
Dende o E.D.L.G. animávosvos a que lle botedes un ollo e xoguedes con él. Esperamos que vos guste!!!



xoves, 1 de marzo de 2018

U.D.ROSALÍA DE CASTRO

Aquí podedes ver a unidade didáctica que elaboramos dende o EDLG neste curso escolar para traballar cos nosos cativos. En esta ocacisón a unidade realizada foi sobre unha gran escritora galega.: Rosalía de Castro.


LIM: ROSALÍA DE CASTRO

Aquí vos deixamos un LIM sobre Rosalía de Castro para que podades xogar na casa con esta escritora galega.


mércores, 24 de xaneiro de 2018

O ENTROIDO GALEGO

Estimadas familias:
Xa chega o Entroido e como non, os nosos nenos empezan a prepararse para esta época máxica. 
Ó longo destas semanas imos a traballar os diferentes Entroidos de Galicia. Aquí atoparedes un pequeno libro que fixemos no cole, onde recollemos diferentes aspectos dos Entroidos máis coñecidos da nosa Comunidade.
No noso libro atoparedes información sobre: os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, as pantallas de Xinzo, os boteiros de Viana do Bolo, as mázcaras de Manzaneda, os xenerais do Ulla e as madamas e galáns de Cobres.



LIM: O ENTROIDO EN OURENSE

Estimadas familias:
Aquí vos deixamos unhas actividades Lim para os nenos e nenas de Educación Infantil sobre o Entroido na provincia de Ourense.


UNIDADE SOBRE O ENTROIDO

Estimadas familias:
Aquí atoparedes unha serie de actividades para imprimir sobre o ENTROIDO GALEGO.