martes, 30 de xaneiro de 2018

xoves, 25 de xaneiro de 2018

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Este ano a canción que traballaremos para o día da paz é a de "Todos somos capitáns" de Magín Blanco.
 
Aquí vos deixamos o vídeo da mesma que podedes atopar na rede.
 
 

mércores, 24 de xaneiro de 2018

O ENTROIDO GALEGO

Estimadas familias:
Xa chega o Entroido e como non, os nosos nenos empezan a prepararse para esta época máxica. 
Ó longo destas semanas imos a traballar os diferentes Entroidos de Galicia. Aquí atoparedes un pequeno libro que fixemos no cole, onde recollemos diferentes aspectos dos Entroidos máis coñecidos da nosa Comunidade.
No noso libro atoparedes información sobre: os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, as pantallas de Xinzo, os boteiros de Viana do Bolo, as mázcaras de Manzaneda, os xenerais do Ulla e as madamas e galáns de Cobres.



LIM: O ENTROIDO EN OURENSE

Estimadas familias:
Aquí vos deixamos unhas actividades Lim para os nenos e nenas de Educación Infantil sobre o Entroido na provincia de Ourense.


UNIDADE SOBRE O ENTROIDO

Estimadas familias:
Aquí atoparedes unha serie de actividades para imprimir sobre o ENTROIDO GALEGO.

martes, 23 de xaneiro de 2018

AVISOS: ACTIVIDADE DO DÍA DA PAZ

Estimadas familias:

Onte enviouse á casa unha nota na que pediamos a vosa colaboración para a Conmemoración do Día da Paz e da Non Violencia (30 de xaneiro de 2018) para elaborar unha exposición no patio cuberto da escola.


A actividade consiste en escribir sobre unha cartolina branca (que se adxunta) unha palabra en galego relacionada coa paz, así como decorala o máis plasticamente posible.

Con todas as palabras que recademos, faremos unha fermosa exposición no patio cuberto que permanecerá ate o venres 2 de febreiro.

Un saúdo cordial e grazas pola vosa colaboración.

AVISO: SAÍDA Ó TEATRO

Estimadas familias:

Hoxe enviamos unha autorización para as familias para poder asistir o Mércores 7 de febreiro de 2018 ó Auditorio da Seda Afundación en Pontevedra para ver o espectáculo "A nena e o grilo nun barquiño".

Rogamos que reenviedes a autorización asinada o vindeiro Venres, 26 de xaneiro de 2018.