Estimadas
familias:
Onte
enviouse á casa unha nota na que pediamos a vosa colaboración para a Conmemoración
do Día da Paz e da Non Violencia (30 de xaneiro de 2018) para elaborar
unha exposición no patio cuberto da escola.
A
actividade consiste en escribir sobre unha cartolina branca (que se adxunta)
unha palabra en galego relacionada coa paz, así como decorala o
máis plasticamente posible.
Con
todas as palabras que recademos, faremos unha fermosa exposición no patio cuberto
que permanecerá ate o venres 2 de febreiro.
Un
saúdo cordial e grazas pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario