Estimadas familias:
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e traballando na recuperación da
tradición oral, propoñémosvos unha actividade moi divertida.
tradición oral, propoñémosvos unha actividade moi divertida.
Imos gravar cancións ou cantigas tradicionais galegas, para posteriormente estrear un
disco cos nosos grandes éxitos.
disco cos nosos grandes éxitos.
Recomendacións:
· Buscar avós, tíos-avós, bisavós,… que coñezan cantigas populares e tradicionais
da nosa zona.
da nosa zona.
· Ensinar a canción ós vosos nenos/as.
· Podedes gravala coa familia ou con algún coñecido que vos poida axudar.
· Sede orixinais.
Cada familia terá a gravadora dous días. Lede atentamente as instrucións que se
adxuntan coa gravadora e cantade sen complexos que non somos profesionais.
adxuntan coa gravadora e cantade sen complexos que non somos profesionais.
Pasádeo ben! É moi divertido!
Ningún comentario:
Publicar un comentario