Os alumnos e alumnas de 5º nivel do Centro participaron no Festival das Letras Galegas que se celebrou logo da ofrenda florar a Ramón Cabanillas no Paseo da Alameda de Cambados.
Houbo moitos colexios participando no encontro. Do noso centro foron: Enma, Ainhoa e Mariña, de 5ºA; e Pablo G., Ariana e Irene de 5ºB.
Fixérono moi ben recitando unha poesía de Antonio García Teijeiro que se titula: “No país das bolboretas”, do libro Bolboretas no papel.
O PAÍS DAS BOLBORETAS, de Antonio García Teijeiro
NO PAÍS DAS BOLBORETAS
FAI CADA UN O QUE LLE PETA
AS ABELLAS FAN CALCETA,
OS CANS TOCAN A TROMPETA
E OS COELLOS A CORNETA
AS CARREIRAS SON SEN META,
MESMO AS CURVAS SON BEN RECTAS
E OS POEMAS PERDEN LETRAS.
AS CENTOLAS SON PERFECTAS,
OS PARDAIS VAN EN CARRETAS
E O SOL ANDA EN BICICLETA.
NO PAÍS DAS BOLBORETAS
FAI CADA UN O QUE LLE PETA.
ROUBAN VERSOS OS POETAS
VAN OS SAPOS CON MALETAS
E OS ROBOTS SON CALDEIRETAS.
ALGÚNS MERCAN CON PESETAS,
VENSE GATOS CON COLETA
E AS BANDEIRAS SON BAETAS.
OS PINGÜÍNS VAN DE ETIQUETA,
NON HAI CARTAS NA ESTAFETA
E UN PINTOR NON TEN PALETA.
AI, QUE DEMO DE PAÍS!
O PAÍS DAS BOLBORETAS!
TODOS FAN O QUE LLES PETA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario