A canción do mes é unha das actividades propostas polo EDLG para todo o curso académico.
Consiste na preparación dunha canción en galego que preparamos tódolos cursos para logo ser cantada por todos o derradeiro venres de cada mes.
Neste blog faremos públicas as actividades que se realizan a través do EDLG e do equipo de Biblioteca
A canción do mes é unha das actividades propostas polo EDLG para todo o curso académico.
Consiste na preparación dunha canción en galego que preparamos tódolos cursos para logo ser cantada por todos o derradeiro venres de cada mes.
Estes son os gañadores do concurso de lemas en galego deste ano:
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega agasallou ós gañadores cun libro:
O Equipo de Dinamización da Língua Galega, organiza, como cada ano, “As nosas letriñas”, proxecto adicado a un escritor ou escritora, ilustrador ou ilustradora, que escriban en galego para nenos e poidan visita-lo centro.
Ata o de agora xa pasaron polo noso centro Mon Daporta, Moncho Caride, Eduardo Baamonde, Chema Heras, Fina Casalderrey e Abraham Carreiro.
Desta volta, no ano 2014, “As nosas letriñas” están adicadas a Xosé Neira Vilas, autor do considerado o primeiro clásico da literatura infantil e xuvenil galega “Memorias dun neno labrego”, e que estará connosco o xoves 22 de maio a partires das 12:00h.
Xosé Neira Vilas naceu en Gres, Vila de Cruces, en 1928. En 1949 emigrou a Buenos Aires onde tomou conciencia da identidade de Galiza en contacto cos intelectuais do exilio. En 1957 casou con Anisia Miranda, coa que fundou a editoral Follas Novas para difundir o libro galego en América. En 1961 foron vivir a Cuba. Traballou na Administración e fixo xornalismo literario. En 1969 fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Na Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega en América. Volta a Galiza, na súa aldea natal de Gres preside a Fundación cultural Xosé Neira Vilas. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.
Os alumnos e alumnas de 5º nivel do Centro participaron no Festival das Letras Galegas que se celebrou logo da ofrenda florar a Ramón Cabanillas no Paseo da Alameda de Cambados.
Houbo moitos colexios participando no encontro. Do noso centro foron: Enma, Ainhoa e Mariña, de 5ºA; e Pablo G., Ariana e Irene de 5ºB.
Fixérono moi ben recitando unha poesía de Antonio García Teijeiro que se titula: “No país das bolboretas”, do libro Bolboretas no papel.
O PAÍS DAS BOLBORETAS, de Antonio García Teijeiro
NO PAÍS DAS BOLBORETAS
FAI CADA UN O QUE LLE PETA
AS ABELLAS FAN CALCETA,
OS CANS TOCAN A TROMPETA
E OS COELLOS A CORNETA
AS CARREIRAS SON SEN META,
MESMO AS CURVAS SON BEN RECTAS
E OS POEMAS PERDEN LETRAS.
AS CENTOLAS SON PERFECTAS,
OS PARDAIS VAN EN CARRETAS
E O SOL ANDA EN BICICLETA.
NO PAÍS DAS BOLBORETAS
FAI CADA UN O QUE LLE PETA.
ROUBAN VERSOS OS POETAS
VAN OS SAPOS CON MALETAS
E OS ROBOTS SON CALDEIRETAS.
ALGÚNS MERCAN CON PESETAS,
VENSE GATOS CON COLETA
E AS BANDEIRAS SON BAETAS.
OS PINGÜÍNS VAN DE ETIQUETA,
NON HAI CARTAS NA ESTAFETA
E UN PINTOR NON TEN PALETA.
AI, QUE DEMO DE PAÍS!
O PAÍS DAS BOLBORETAS!
TODOS FAN O QUE LLES PETA!