venres, 29 de setembro de 2017

EXPOSICIÓN DE FROITOS DE OUTONO


Benqueridas familias:

Co motivo da chegada da estación do outono, queremos pedirvos que nos enviedes froitos (castañas, noces, avelás, millo, trigo, centeo,…), froitas (mazás, laranxas, figos, uvas, freixoas…) ou hortalizas representativos desta estación que poidades atopar no contorno ou nas vosas hortas, para facer unha exposición conxunta no corredor principal da escola.


Animádevos a participar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario