venres, 15 de decembro de 2017

CHEGAN OS REIS MAGOS Á EEI DA PASTORA

Hoxe foi un día cargado de ilusión xa que os Reis Magos de Oriente viñeron visitarnos.

Todo estaba preparado: a carta...



... o buzón real...


... e as cadeiras das súas maxestades.


Viñeron acompañados polo "Xuven"...


 ...e recibíronnos de un en un.




E deronnós un agasallo a cada un.














Logo, os membros do Xuven trouxéronnos o agasallo enorme para o noso patio: un castelo.


Que ilusión!!!

xoves, 14 de decembro de 2017

CARTA ÓS REIS MAGOS

Ó longo desta semana realizaremos un dos traballos máis emocionantes do ano, escribirlle a carta ós Reis Magos. 
Esperamos que Melchor, Gaspar e Baltasar se porten moi ben e que os nosos desexos se fagan realidade.





FINAL DO TRIMESTRE


Esta mañá enviamos unha circular informativa sobre a organización do final do trimestre.

- Mañá venres (15 de decembro), contaremos coa visita dos Reis Magos de Oriente.

- O xoves (21 de decembro) será o último día de clase do trimestre polo que:

+ Por motivos organizativos e pedagóxicos non imos realizar festival de Nadal, senón unha festa para os nenos e nenas o día 21 de decembro.
+ Os horarios de entrada e saída durante este día serán os habituais: 9.15 a 14.15 horas.
+Ese mesmo día os nenos e nenas levarán os traballos do trimestre así como o boletín de notas.


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose unha actividade na que vos pedimos que elaboredes un vídeo cos vosos pequenos acompañados pola súa familia ou eles sós onde nos expoñades os vosos desexos para estas datas. (Recordade: ESTA ACTIVIDADE DEBE SER EN GALEGO).

Bo nadal!!!

martes, 12 de decembro de 2017

PROTECTORA DE ANIMAIS DE CAMBADOS

Hoxe foi un dia especial no cole xa que nos viñeron a visitar Curro e Mía da protectora de animais de Cambados. 
Olga contounos o importante que é coidar ós animais. Ademais explicounos como debemos acercarnos a eles, somo debemos acaricialos, etc.























Nós, os adultos, tamén é importante que tomemos conciencia sobre o feito de que anualmente medre o número de abandonos, ou que se sigan a mercar animais cando moitos están no refuxio precisando dunha familia. 
Recordo neste intre as verbas de Mathama Ghandi cando di "un país, una civilización se puede juzgar por la forma en que trata a sus animales"

MOITAS GRAZAS POR VIR

martes, 5 de decembro de 2017

AVISOS

Estimadas familias:

Unha vez mais precisamos da vosa axuda para decorar o noso cole. 

É por iso que vos enviamos un debuxo que vós decoraredes podendo empregar todo tipo de material. 

A data de entrega será ata o luns 11

Moitas grazas pola vosa colaboración.



mércores, 15 de novembro de 2017

AVISO: DEREITOS DA INFANCIA

Estimadas familias:
O vindeiro Luns 20 de Novembro conmemórase a celebración da Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos/as. Foi declarada o 20 de Novembro do 1959, é por iso que dende a nosa aula gustaríame contar coa vosa colaboración, para así entre todos e todas facer un gran libro no que deixaramos constancia dos mesmos.
A infancia é unha etapa coas súas necesidades, intereses e características propias, e debemos de ser os docentes e as familias quen de valorara.
A tarefa é moi sinxela, cada un/unha de vos leva un folio cun dereito escrito. O que tedes que facer é completalo, ou ben cun debuxo, con imaxes, con fotografías…. Como queirades! O importante é facelo e que xuntos elaboremos un proxecto común! Se pode ser traer o traballo para o luns 20.
Moitas grazas pola vosa colaboración!



sábado, 11 de novembro de 2017

AVISO: CELEBRACIÓN DO MAGOSTO


Estimadas familias:

O vindeiro martes 14 de novembroo, celebraremos o magosto na E. E. I. da Pastora.

Precisamos a vosa colaboración, enviando unhas poucas castañas picadas e leña (leña miúda, achas, carozos,...) para facer as brasas.

Grazas pola vosa colaboración.