xoves, 8 de marzo de 2018

DIA DAS MULLERES



HOXE VAI POR VOS MULLERES 
LIBRES
LOITADORAS
SEN MEDO 
TRABALLADORAS
FORTES
ÚNICAS
CREADORAS DE VIDA
....



NUNCA FOI UN VESTIDO


Dende o colexio tamén traballamos a igualdade e a importancia deste día.








DENDE ESTE ESPAZO QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODAS AS MULLERES QUE SECUNDARON HOXE AS FOLGAS EN TODOS OS POBOS E CIDADES, POR VOS, POR ELAS, POR HOXE E POR UN MAÑÁ MELLOR.




¡GRAZAS MULLERES!

LIM CAMBADOS: Unha vila mariñeira

Este ano como novidade, decidimos realizar varias actividades a nivel intercentros. O obxectivo que nos marcamos foi,o de que os nosos cativos coñezan outros entornos diferentes os seus e coñezan novos alumnos dunha vila do interior de forma máis lúdica e innovadora.
Para este curso escolar seleccionamos un colexio da provincia de Ourense. Falamos do C.E.I.P Princesa de España de Verín.
Aquí podedes ver un Lim que fixemos sobre Cambados, para que os alumnos dese centro coñezan a nosa vila de forma lúdica.
Dende o E.D.L.G. animávosvos a que lle botedes un ollo e xoguedes con él. Esperamos que vos guste!!!



luns, 5 de marzo de 2018

SEMANA DA PRENSA

Do 6 ao 10 de marzo traballaremos sobre a prensa.

Cales son os obxectivos?
  •     Familiarizar aos nenos e nenas cos medios de comunicación que empregan a linguaxe escrita como vehículo de expresión.

  •     Crear nos nenos e nas nenas hábitos lectores.

  •     Dotar de recursos para adquirir un espírito crítico.

  •     Empregar a imaxe como medio de expresión e comunicación.

  •     Achegar aos nenos e nenas as novas tecnoloxías.


venres, 2 de marzo de 2018

ROSALÍA DE CASTRO

Traballando a Rosalía aprendimos un montón de cousiñas:


Lembramos que naceu en PADRÓN e recordamos tamén as catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Coñecimos a capital galega: Santiago de Compostela.
Realizamos una visita virtual O Museo de Rosalía de Castro, e tamén viaxamos co Street View a Padrón.

Tamén aprendimo o poema Adeus Ríos, Adeus fontes Que Rosalía escribíu cando marchou de Galicia.
Porén, tamen escoitamos poemas como: Negra Sombra.



 
Se esto fose pouco.... Fixemos una fermosa rosa, na que escribimos o poema aprendido








 

 

Traballamos tamen nun LIM (Libro interactivo) sobre os aspectos que coñecimos de Rosalía, para iso empregamos o EDI (Encerado Dixital Interactivo)
   



Recreamos a Rosalía como fixo Andy Warhol con outros personaxes famosos.
Pintamos con ceras pastel e vimos o conto de Andy Warhol, onde visualizamos obras do autor, como por exemplo:La sopa de Cambell´sEl pop Art...
Mirade que bonito!






  
Abrimos as fiestras do noso cole!

Xuntamos as rosas de todas as clases!




 
Canto aprendemos e canto traballamos!





xoves, 1 de marzo de 2018

U.D.ROSALÍA DE CASTRO

Aquí podedes ver a unidade didáctica que elaboramos dende o EDLG neste curso escolar para traballar cos nosos cativos. En esta ocacisón a unidade realizada foi sobre unha gran escritora galega.: Rosalía de Castro.


LIM: ROSALÍA DE CASTRO

Aquí vos deixamos un LIM sobre Rosalía de Castro para que podades xogar na casa con esta escritora galega.


OLA MARZO


Comezamos o mes de marzo con este refrán.