mércores, 25 de outubro de 2017

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE PEPE CÁCCAMO E FAUSTO ISORNA

Hoxe os nenos de 6º visitamos a exposición de selos en Exposalnés e logo visitamos a sala de exposicións do Pazo Torrado para ver as obras de Pepe Cáccamo e Fausto Isorna na cal nos recibiu o mesmo Pepé Cáccamo.






¡ENCANTOUNOS!

martes, 24 de outubro de 2017

SAÍDA A BIBLIOTECA MUNICIPAL E Ó PAZO TORRADO

Con motivo da celebración do  Día das bibliotecas (24 de outubro) o vindeiro venres dia 27 de outubro os nenos de 5º de EI visitaremos a Biblioteca Municipal de Cambados. 


Logo visitaremos a sala de exposicións do Pazo Torrado para ver a exposición de Fausto Isorna e Pepe Cáccamo.

- Traer de merenda BOCADILLO E BOTELLA DE AUGA.

- Traer ROUPA E CALZADO CÓMODO.

AVISO: SAÍDA Ó PAZO TORRADO


Mañá mércores, 25 de outubro, os nenos de 6º visitaremos a sala de exposicións do Pazo Torrado para ver a exposición de Fausto Isorna e Pepe Cáccamo.


Asemade, tamén visitaremos en Exposalnés a exposición de selos de correos.


Pedímosvos que:
-Traiades de merenda BOCADILLO E BOTELLA DE AUGA (nunha bolsa de merenda de tea).
-Traiades ROUPA E CALZADO CÓMODO.

Un saúdo,

PREPARAMOS A VISITA Ó PAZO DE TORRADO


Hoxe os nenos de 6º estivemos preparando a saída de mañá, polo que estivemos falando sobre o escritor e ilustrador Pepe Cáccamo, na pequena exposición de libros sobre el que temos no corredor.


domingo, 22 de outubro de 2017

AVISO: CELEBRACIÓN DO SAMAÍN


Estimadas familias:

O vindeiro martes 31 de outubro celebraremos na E.E.I. da Pastora o Samaín. Pedimos a colaboración de todas as familias para traer cabazas decoradas co gallo de dita celebración.

As cabazas traeranse entre o luns e o marte e recolleranse o propio martes á saída da escola.

Recordarvos que os nenos e nenas que queiran poden vir disfrazados á escola.



Feliz Samaín!!!

sábado, 14 de outubro de 2017

DEGUSTAMOS FROITOS E FROITAS DE OUTONO


Antes da ponte festiva, celebramos  unha pequena festa desgustación de froitos de outono que trouxeran os nenos e nenas nas súas cestas.

Probamos mazás, peras, avelás, améndoas, noces, granada, mandarina e uvas pasas.

Uns froitos gustáronnos máis que outros, pero, a mesa quedou baleira.

mércores, 11 de outubro de 2017

PRÉSTAMO BIBLIOTECARIO

Esta semana comezamos co préstamo bibliotecario.


Cada neno, na súa carpeta viaxeira, levará un conto para a súa casa que escollerá na biblioteca. Xunto con ese conto levará dous folios, nun faremos un debuxo sobre o conto e indicaremos se nos gustou moito, pouco ou nada e noutro iremos rexistrando os contos que imos lendo.


É moi importante que traten ben o libro, xa que é un libro do cole e ímolo utilizar todos os nenos e nenas durante o curso.


Podedes  telo na casa como máximo unha semana.



O préstamo bibliotecario é unha actividade moi importante, e na que debemos de participar TODOS e TODAS divertíndonos moito.


Así que... 



SE QUERES AVENTURA LÁNZATE Á LECTURA


xoves, 5 de outubro de 2017

SAÍDA Ó MONTE DA PASTORA

Hoxe os nenos de 5º de EI saíron ó Monte da Pastora,aproveitando o bo tempo,para poder observar os cambios producidos pola estación do outono no noso entorno mais próximo.

Como sempre pasarono moi ben e seguro que antes de que remate o curso volven a ir.













mércores, 4 de outubro de 2017

REFRÁN DE OUTUBRO

Como todos os meses, o mes de OUTUBRO deixounos un novo refrán, para así achegar os nenos e nenas á tradición oral-popular.

Neste caso para o mes de Outubro o refrán que estamos aprendendo é o seguinte: OUTUBRO QUENTE, INVERNO DETENTE
Aquí podedes ver todo o que traballamos! Menudo refraneiro imos facer!


















martes, 3 de outubro de 2017

AVISO: SAÍDA Ó MONTE DA PASTORA


O vindeiro mércores 4 de outubro de 2017, para celebrar a chegada da nova estación de outono, os nenos de 5º, faremos a nosa primeira saída do curso.

Iremos a un dos nosos lugares favoritos e máis próximos ó noso cole: o Monte da Pastora, para ver os cambios que vai sufrindo a natureza co cambio de estación.




Para iso, pedimosvos
- Traer de merenda BOCADILLO E BOTELLA DE AUGA.
- Traer ROUPA E CALZADO CÓMODO.

Que ben o imos pasar...