O magosto é unha festa popular e tradicional en toda a Galiza, organizada en relación á recollida das castañas.
Na súa orixe tiña un sentido pagá, vencellado á fertilidade, coma un acto dar as grazas polos froitos recollidos.
A celebración acabou cristianizándose, por iso se celebra entre as datas do 1 de novembro (Tódolos Santos) e o 11 de novembro (San Martiño), aproximadamente.
Os nenos e nenas da Pastora fixeron uns saquiños para garda-las castañas, foron mira-lo lume e logo todos cantamos a canción de “non chas quero”.