O Samaín fai referencia ao final do verán, ao comezo do inverno e ao principio do ano celta.
Segundo as crenzas celtas, na noite do 31 de outubro, abríanse as portas do outro mundo para que as ánimas viñeran visita-los seus familiares.
Para afasta-las ánimas errantes, colocaban no alto dos muros dos castros as caveiras dos inimigos iluminadas. De ahí a tradición das cabazas, calacús, colondros,…
que chegou ata os nosos días e das que tanto gostan cativos e cativas.
O Samaín é o antecedente do Halloween americano, xa que esta tradición foi levada aló polos emigrantes europeos.
Na escola pasámolo de medo. Os nenos e nenas (e algunhas mestras) disfrazáronse. Fixemos unha exposición de cabazas decoradas polas familias. Tamén houbo distintos obradoiros:
- cociña
- inglés
- baile e xogo
- pózemas
- contos