sábado, 23 de decembro de 2017

A comunidade educativa da EEI A PASTORA  desexavos a todos un Bo Nadal e un Feliz 2018.

Grazas a todos por participar nesta iniciativa, sen vos non sería posible.
¡Grazas!

xoves, 21 de decembro de 2017

FESTA FIN DE ANO

Hoxe tivemos un dia moi especial no cole. 
Como xa sabiamos esperábanos unha festa moi divertida de fin de ano.
Primeiro preparámonos para a ocasión con gorros, antifaces, colares e demais elementos do noso cotillón.











A continuación, comemos 12 lacasitos ó son das doce badaladas.








De seguido, tomamos un riquísimo chocolate con biscoitos mmmm...












E tras o baile...








...  festa con pataquiñas fritidas e gusanitos.









                              Pasámolo bomba!!!



















mércores, 20 de decembro de 2017

OBRADOIRO DE ADORNOS DE NADAL

Estes dias no colexio estámonos preparando para as datas que están a chegar e decidimos facer un obradoiro para crear uns adornos para a nosa árbore de Nadal.
















Así de chulos quedaron.






AVISO: FESTA FIN DE ANO


Estimadas familias:

Recordade que mañá celebraremos na escola a "Festa de fin de ano". 

Comezaremos coa celebración da festa de fin de ano comendo doce lacasitos ó toque das doce campanadas e celebraremos este fin de trimestre con cotillón e  unha chocolatada con biscoitos así como unha festa con patacas fritidas, gusanitos,... ó son da música.

Por favor: non lle mandedes merenda ós nenos e nenas, soamente a bolsa da merenda cunha botelliña de auga.


luns, 18 de decembro de 2017

A VELLA LULULA


Os nenos de 6º estivemos a traballar o conto "A vella Lulula".


Traballamos arreo e hoxe esforzámonos especialmente na elaboración da portada:







Así mesmo, fixemos diferentes tarefas sobre o conto ó longo do trimestre:

1. Debuxo incial do conto e escritura do título.


2. Completado das letras que faltaban no título.


3. Asociación de palabras a imaxes.


4. Sopas de letras de palabras significativas.


5. Encrucillados.


6. Secuencia do conto.


7. Traballo do número sete.

Gustounos moito este traballo, en especial a canción de "A vella Lulula" (C. E. E. Vilagarcía de Arousa).


Como traballamos!!!

venres, 15 de decembro de 2017

CHEGAN OS REIS MAGOS Á EEI DA PASTORA

Hoxe foi un día cargado de ilusión xa que os Reis Magos de Oriente viñeron visitarnos.

Todo estaba preparado: a carta...



... o buzón real...


... e as cadeiras das súas maxestades.


Viñeron acompañados polo "Xuven"...


 ...e recibíronnos de un en un.




E deronnós un agasallo a cada un.














Logo, os membros do Xuven trouxéronnos o agasallo enorme para o noso patio: un castelo.


Que ilusión!!!