venres, 29 de setembro de 2017

EXPOSICIÓN DE FROITOS DE OUTONO


Benqueridas familias:

Co motivo da chegada da estación do outono, queremos pedirvos que nos enviedes froitos (castañas, noces, avelás, millo, trigo, centeo,…), froitas (mazás, laranxas, figos, uvas, freixoas…) ou hortalizas representativos desta estación que poidades atopar no contorno ou nas vosas hortas, para facer unha exposición conxunta no corredor principal da escola.


Animádevos a participar!!!

mércores, 27 de setembro de 2017

A FAMILIA GALBÁN PINTADO VEN CONTARNOS UN CONTIÑO

Ó longo do curso escolar pedimos a colaboración das familias para que nos veñan a ler algun conto á escola e, aproveitando que estaba de vacacións, o papá de Antón ofreceuse voluntario a vir a contarnos "Os tres bandidos".

¡Grazas por vir!



venres, 22 de setembro de 2017

CELEBRAMOS A CHEGADA DO OUTONO NO MONTE DA PASTORA

Hoxe os nenos de 6º de EI saíron ó noso contorno mais próximo, ó Monte da Pastora para celebrar a chegada desta nova estación e así observar os cambios que se producen na natureza ca entrada no outono.


Pasárono moi ben, de seguro que enseguida voltaremos.

xoves, 21 de setembro de 2017

AVISO: SAÍDA Ó MONTE DA PASTORA

Mañá, venres, 22 de setembro de 2017, os nenos de 6º para celebrar a chegada da nova estación de outono, faremos a nosa primeira saída do curso.

Iremos a un dos nosos lugares favoritos e máis próximos ó noso cole: o Monte da Pastora, para ver os cambios que vai sufrindo a natureza co cambio de estación.


Para iso é preciso:
- Traer de merenda  BOCADILLO E BOTELLA DE AUGA.
- Traer ROUPA E CALZADO CÓMODO.

Que ben o imos pasar...

mércores, 20 de setembro de 2017

REFRÁN SETEMBRO

Ó longo deste curso escolar iremos aprendendo un refrán de cada mes co fin de achegar ós nenos e nenas á tradición oral-popular.


Ó mesmo tempo que memorizamos o refrán traballamos a lecto-escritura, as sílabas, o vocabulario novo en galego, etc.

Aquí temos o refrán do mes de Setembro: "Ou levas as pontes ou secas as fontes"




luns, 11 de setembro de 2017

UN NOVO COMEZO ESCOLAR

Benvidos e benvidas!!!!
Un novo curso escolar comeza hoxe para todos!!! 
Como xa sabedes doutros anos, o longo do curso faremos moitas actividades no centro.  Pero para comezar, e sendo o primeiro día, que vos parece este recibimento???
Esperamos que vos guste e que comecedes este novo curso curso con moitos ánimos e ilusión!!!