mércores, 15 de novembro de 2017

AVISO: DEREITOS DA INFANCIA

Estimadas familias:
O vindeiro Luns 20 de Novembro conmemórase a celebración da Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos/as. Foi declarada o 20 de Novembro do 1959, é por iso que dende a nosa aula gustaríame contar coa vosa colaboración, para así entre todos e todas facer un gran libro no que deixaramos constancia dos mesmos.
A infancia é unha etapa coas súas necesidades, intereses e características propias, e debemos de ser os docentes e as familias quen de valorara.
A tarefa é moi sinxela, cada un/unha de vos leva un folio cun dereito escrito. O que tedes que facer é completalo, ou ben cun debuxo, con imaxes, con fotografías…. Como queirades! O importante é facelo e que xuntos elaboremos un proxecto común! Se pode ser traer o traballo para o luns 20.
Moitas grazas pola vosa colaboración!



sábado, 11 de novembro de 2017

AVISO: CELEBRACIÓN DO MAGOSTO


Estimadas familias:

O vindeiro martes 14 de novembroo, celebraremos o magosto na E. E. I. da Pastora.

Precisamos a vosa colaboración, enviando unhas poucas castañas picadas e leña (leña miúda, achas, carozos,...) para facer as brasas.

Grazas pola vosa colaboración.

sábado, 4 de novembro de 2017

A VELLA LULULA

Onte, os nenos de 6º comezamos a traballar un novo conto: "A vella Lulula" editado por OQO.




Lulula enxaboou e refregou
o seu camisón de algodón, 
a súa bata de seda, 

as medias de punto, 
a súa saia de pana, 
a súa blusa de liño, 
o mantón de la, 
e as súas luvas de felpa. 
Aclarouno todo con auga, mirou ao ceo… 
e torceu o bico: 
estaba a piques de caer unha boa treboada!



Con este conto, traballaremos a serie numérica, os ordinais, as prendas da roupa, os materiais de que están elaboradas así como o recoñecemento e descripción de diferentes texturas, traballando así a educación sensorial a través do tacto.

En youtube, podemos atopar diferentes versións do conto.

Unha delas é a canción elaborada polo C.E.E. de Vilagarcía que nos encanta aínda que tardaremos un pouquiño en aprendela.


Outra é a versión elaborada polo EDLG do C.E.I.P. "A Lama".


Pasarémolo xenial aprendendo cousiñas con este conto!!!

venres, 3 de novembro de 2017

CHEGOU O OUTONO

Xa está aquí, xa chegou o Outono a Cambados!!! 
Como o ano pasado decidimos facer unha pequena exposición onde se recolleron diferentes froitos do outono, así como elementos representativos desta época.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que poidades ver que bonito  nos quedou a entrada do colexio.